viernes, 29 de marzo de 2013

Mézclum Tirabeque ™


     Ola compañeiros, hoxe imos a falar do MÉZCLUM TIRABEQUE ™, esas bolsiñas cheas de herbas que van na cesta. O noso proposito e que as coñezades un pouquiño máis …


 - RÚCULA (eruga, eruca, oruga, jamarguillo, oruga vejigosa):

É unha planta anual que antes solía recollerse silvestre e xa era moi coñecida polos romanos que lle otorgaban propiedades afrodisíacas. Pero non foi ata a década dos noventa que se empezou a cultivar.



Un dos principias usos da rúcula é nas ensaladas, sendo a mellor maneira de disfrutar das súas follas frescas e crocantes. O seu sabor é potente, con regusto picante e amargo, sendo moi fácil combinala con outros ingredentes obtendo así contrastes de sabores. Excelente para engadir nas pizzas recén feitas ou na pasta, así coma nas tostas, etc.

As sustancias amargas da rúcula estimulan as secrecións dixestivas, e a fibra mellora o transito intestinal. Tamén presenta un contido considerable de tritófano que axuda á liberación da serotonina involucrada na regulación do sono e o placer.

Existen numerosas recetas de ensaladas que iremos compartindo no blog…



  - CANÓNIGO (canónigos, hierba de los canónigos, valerianella, lechuga de campo):

O nome de canónigo ven do feito de que se atopaba nos xardíns das rectorías. Dícese que como é da familia da valeriana se lle atribuían propiedades relaxantes incluíndoa na súa dieta para ter menos excitación e reducilas posibilidades de pecar.


 
Crece espontáneamente en praderas e prados con algo de humidade.

As follas máis sabrosas son as pequenas. Utilízase en fresco engadíndose ás ensaladas de verduras e patacas, as sopas e as tortillas. Vai ben cos espárragos, remolacha, apio nabo, champiñón, col, xudía verde, mazá, uva ou tomate.

Debe aliñarse no último intre para que non perda frescura. É importante procurar non rompe-las follas.

Na maioria das publicacions consultadas di que se pode conservar nunha bolsa de plástico perforada uns dous ou tres días. Os do tirabeque ó ser moi frescos (dependendo das condicións meteoroloxicas do día da colleita) pódense conservar ata unha semana. Aínda que mellor consumilos pronto.

Recoméndase para mellora-la dixestión e a vista ademáis do aspecto do cabelo e as uñas. Relaxante do sistema nervioso polo seu contido en ferro mellora a anemia. É depurativo tanto da sangre como dos riñóns e reforza as defensas naturais do corpo polo seu aporte de vitamina C.

No hay comentarios:

Publicar un comentario