jueves, 28 de febrero de 2013

¡¡Vente á feira!!



Estimados amig@s

Como cada primeiro sábado de mes, pódenos visitar en A Feira de Artesanía do Casco Vello, sito na Praza da Pedra. Estaremos encantados en atenderte dende as 10 da mañán ata que se nos esgote todo o produto que levamos.


Feira de febreiro




Este sábado imos a ter:
  • Acelgas
  • Espinacas
  • Alletes
  • Claytone
  • Remolachas
  • Leitugas
  • Laranxas
  • E algunha cousiña máis...

Moitas gracias a todos e animádevos que vai facer un día caralludo...

Adiante!!
TIRABEQUE
Horta ecolóxica

viernes, 22 de febrero de 2013

As lombardas case están...


Temos unha boa nova que compartir con todos vos… Quedan somentes dúas semanas para poder disfrutar das lombardas do tirabeque

A lombarda é un cultivo que se pode comer en crudo pero normalmente cócese e resulta moi bo ingrediente para diversos pratos. Tamén se poden servir unha vez cocidas lentamente en auga, opcionalmente condimentada. Ten un sabor lixeiramente doce.


A lombarda é un prato típico de Nadal.

Col lombarda (22 febreiro 2013)

É un cultivo baixo en calorías, rico en compostos de xofre, vitamina C e ácido cítrico. Por outro lado, achega moita fibra o que lle confire propiedades laxantes.
É unha fonte importante de antioxidantes.


Ficha do cultivo na nosa finca de Pexegueiro

Data de semilleiro:         14 setembro
Nº de sementes:             155
Data de plantación:        10 outubro
Nº plantas:                      121 plantadas
Ubicación:                       A3 (Invernadoiro A - Bancal 3)
Asociada con:                  Nabicol, Berza e Leituga

Terceiro bancal empezando pola esquerda (Lois ó fondo)


Valores nutricionais da lombarda:

Auga                              91%
Hidratos de carbono      5% (fibra 1%)
Proteínas                       2, 6%
Lípidos                           0,2%
Potasio                           210 mg/100 g
Sodio                              28 mg/100 g
Fósforo                           23 mg/100 g
Calcio                             42 mg/100 g
Ferro                               5 mg/100 g
Vitamina C                      46 mg/100 g
Vitamina A                      6 mg/100 g



Así que non o dubides e pide a túa col lombarda tirabeque en canto estea dispoñible.

Unha aperta moi grande e… adiante!!

TIRABEQUE
Horta ecolóxica

sábado, 16 de febrero de 2013

Curso de cociña saudable

Estimados amigos e amigas,

Invitámosvos a todos a descargar o Cartel Informativo do Curso de Cociña Saudable, impartido por Natalia Carrillo Pousa, que ademáis de ser a nosa amiga e clienta, é Coach Nutricional. O curso impártese en colaboración co Centro Cívico de Teis e o Concello de Vigo.


 Segundo as súas palabras, neste obradoiro vaise facer:
  • "Prepararemos versións  e alternativas máis sás e lixeiras dos teu platos preferidos"
  • "Coñeceremos novos ingredientes que enriquecerán a túa dieta: algas, miso, tofu, quinoa, soia"
  • "Terás máis  enerxía  e vitalidade, sen renunciar ó pracer na mesa e respetando o teu corpo e o teu entorno"
  • "Clases  100 % prácticas , moi útiles"
  • "Inclúense degustación e fichas cos contidos"
  • "Aprenderemos a organizar tempo e recursos para consumir alimentos ecolóxicos"
  • "Veremos cómo organizar a despensa e o xantar segundo o  teu estado de saúde e a época do ano"

Se queres máis información (horarios e datas, teléfono de contacto e prezos) non o dubides e descárgate o Cartel informativo (pinchando aquí)


¡¡Unha aperta para todos e Adiante!!

TIRABEQUE
horta ecolóxica

martes, 12 de febrero de 2013

Benvidos ó noso blog



Aquí comeza a nosa andaina cibernética...

Imos a intentar que sexa un lugar onde, aparte de achegarvos toda a información da nosa pequena e humilde empresa, podades estar informados do que pasa no mundo ecolóxico.

Por favor, se tendes algunha noticia que poida resultar de interese non dubidedes en mandarnos un correo a hortaecoloxicagalega@gmail.com. Estaremos encantados en darlle difusión.

Esperamos os vosos comentarios...


Unha aperta moi forte
Ada, Lois e Carlos
TIRABEQUE