Quén somos



Somos Ada, Lois e Carlos.

Tres familiares que se unen para intentar gañarse a vida con algo que nos gusta e que nos enche de verdade: traballar no campo e para nós.

Levábamos tempo querendo montar a nosa propia empresa e no Agosto do ano 2012 comezamos o noso sono.


Adicámonos a cultivar e comercializar as nosas propias verduras, hortalizas, legumes e aromáticas ecolóxicas, coa intención de ampliar a nosa oferta con froitas e ovos producidos tamén por nós. Ademáis recollemos froitos, fungos e herbas silvestres. A gran maioría dos cultivos son recollidos o mesmo día do seu envío.




ada é Técnico en Agricultura e fixo as súas prácticas con Ágatha, na mesma finca que hoxe traballamos.
Naceu en Vigo fai 28 anos. O que máis destaca dela é o seu constante soriso e as súas gañas de aprender e seguir formándose, aparte claro está dos seus coñecementos en agricultura ecolóxica.
As súas aficións son escoitar música, ir de acampada e estar ca súa familia.


lois é Técnico en elaboración de viños e cultivos intensivos. Traballou coma encargado dun viñedo de máis de vinte hectáreas no Rosal.
Fai 30 anos naceu en Vigo. A principal característica del é o seu esforzo, as súas ganas de traballar e a súa visión para organizar os traballos.
As súas aficións son estar cos seus amigos, coñecer lugares novos e degustar viños.


carlos é Licenciado en Empresariais. Traballou nunha empresa de organización de eventos deportivos (Media Maratón Vig-Bay, Regata Breitling Medcup)
Naceu fai 32 anos en Vigo. O máis representativo del é a súa orientación á innovación e a forma de relacionarse cos clientes.
As súas aficións son xogar ó fútbol sala, escoitar música e unha boa sobremesa.


Se necesitades calquera cousa de nós relacionada coa empresa, como se é algo que non ten que ver, por favor mandádenos un correo electrónico a: hortaecoloxicagalega@gmail.com