viernes, 29 de marzo de 2013

Mézclum Tirabeque ™


     Ola compañeiros, hoxe imos a falar do MÉZCLUM TIRABEQUE ™, esas bolsiñas cheas de herbas que van na cesta. O noso proposito e que as coñezades un pouquiño máis …


 - RÚCULA (eruga, eruca, oruga, jamarguillo, oruga vejigosa):

É unha planta anual que antes solía recollerse silvestre e xa era moi coñecida polos romanos que lle otorgaban propiedades afrodisíacas. Pero non foi ata a década dos noventa que se empezou a cultivar.



Un dos principias usos da rúcula é nas ensaladas, sendo a mellor maneira de disfrutar das súas follas frescas e crocantes. O seu sabor é potente, con regusto picante e amargo, sendo moi fácil combinala con outros ingredentes obtendo así contrastes de sabores. Excelente para engadir nas pizzas recén feitas ou na pasta, así coma nas tostas, etc.

As sustancias amargas da rúcula estimulan as secrecións dixestivas, e a fibra mellora o transito intestinal. Tamén presenta un contido considerable de tritófano que axuda á liberación da serotonina involucrada na regulación do sono e o placer.

Existen numerosas recetas de ensaladas que iremos compartindo no blog…



  - CANÓNIGO (canónigos, hierba de los canónigos, valerianella, lechuga de campo):

O nome de canónigo ven do feito de que se atopaba nos xardíns das rectorías. Dícese que como é da familia da valeriana se lle atribuían propiedades relaxantes incluíndoa na súa dieta para ter menos excitación e reducilas posibilidades de pecar.


 
Crece espontáneamente en praderas e prados con algo de humidade.

As follas máis sabrosas son as pequenas. Utilízase en fresco engadíndose ás ensaladas de verduras e patacas, as sopas e as tortillas. Vai ben cos espárragos, remolacha, apio nabo, champiñón, col, xudía verde, mazá, uva ou tomate.

Debe aliñarse no último intre para que non perda frescura. É importante procurar non rompe-las follas.

Na maioria das publicacions consultadas di que se pode conservar nunha bolsa de plástico perforada uns dous ou tres días. Os do tirabeque ó ser moi frescos (dependendo das condicións meteoroloxicas do día da colleita) pódense conservar ata unha semana. Aínda que mellor consumilos pronto.

Recoméndase para mellora-la dixestión e a vista ademáis do aspecto do cabelo e as uñas. Relaxante do sistema nervioso polo seu contido en ferro mellora a anemia. É depurativo tanto da sangre como dos riñóns e reforza as defensas naturais do corpo polo seu aporte de vitamina C.

viernes, 22 de marzo de 2013

Xa chegou a primaveira ás fincas

Ola outra semana máis...
 


Como todos sabedes, onte chegou a estación máis florida do ano, e como non pode ser de outro xeito, as nosas fincas comezan a encherse de flores.



Finca Tomiño



Dende aquí, gustaríanos compartir con todos vos algunhas fotos das flores máis bonitas. Estas fotos están tomadas nas fincas de Pexegueiro e de Tomiño.



Finca Pexegueiro



Esperamos que disfrutedes tanto coma nos da beleza dalgunhas destas fotografías. Se alguén a quere con unha resolución mayor non tedes máis que mandarnos un correo ou chamarnos por teléfono.



Finca Tomiño


Se o que queredes é velas en directo, que saibades que estamos encantados en que nos veñades a visitar... 

FincaPexegueiro

 As fotos orixinais as tedes colgadas no album FLORES no noso Facebook (pincha aquí e accede a elas)

Finca Tomiño


Unha aperta moi forte para todos e todas


Adiante!!!
TIRABEQUE
horta ecolóxica

viernes, 15 de marzo de 2013

Recetas de Paz...


Esta semana nuestra clienta Paz nos mandó las siguientes recetas. 
  • Revuelto de ajos tiernos con jamón
  • Tortilla de brotes de ajos tiernos
  • Risotto de setas con ajos tiernos
  • Pencas de acelgas en salsa

Aqui os dejamos el enlace para que disfrutéis de ellas.
PINCHA AQUÍ 

TIRABEQUE
horta ecolóxica

viernes, 8 de marzo de 2013

Sementeiro de primavera


Temos unha moi boa nova para compartir con todos vós…  XA TEMOS FEITO O SEMENTEIRO PARA A PLANTACION DE PRIMAVERA

Sementando porro e achicoria arredor das espinacas


Algúns dos datos que nos gustaría que soubérades son os seguintes:

-          O sementeiro aliméntase de compost  feito por nós a base de amontonar  herbas, follas, froitas e diferentes restos vexetais. Despóis regamos a pila cunha disolución de microorganismos(vinagre, melaza de azucre, levaduras, bacterias lácticas etc.)

-          Protexemos as plantiñas de caracois, vermes ou cochinillas botando cinza de madeira nos lindes do semilleiro. Este método non é infalible pero axuda.

-          Estes primeiros días estamos regando o sementeiro con auga que contén cáscara de ovo de oca disolta para aportarlle cal de maneira ecoloxica e sostible. Ademáis botamos purin de ortiga como suplemento de nitróxeno e oligoelementos.  


 

Xa sabedes que se queredes comprobar ou aprender algunha destas técnicas, ou simplemente mirala finca, estades todos convidados a visitala cando queirades. Avisádenos primeiro por si non nos atopamos alí.

Aqui tes o cadro do sementeiro:


Non vamos a colleitar ese número de plantas xa que despois escollemos as mellores do semilleiro e as plantamos no seu lugar definitivo. Outras estráganse polo ataque dalgún insecto ou fungo.


     Ademáis plantamos tamén a sembra directa ravitos, tirabeques, chícharos, xudías, remolachas, allos, acelgas, cenorias e diferentes brotes para o mézclum. Nos seguintes días, cando veña un pouco de calor, sementaremos cabaciños, pepinos, cabazas, millo, berenxenas, aromáticas e flores comestibles. Non nos esquecemos dos pementos e tomates dos cales estamos esperando o plantel. Seguiremos facendo sementeira nos meses venideiros.



Esperamos que se vos faga a boca auga cavilando co que vos vades a alimentar nos proximos meses... gardámonos algunha sorpresiña...


Unha aperta
Adiante!!

TIRABEQUE
horta ecolóxica