viernes, 8 de marzo de 2013

Sementeiro de primavera


Temos unha moi boa nova para compartir con todos vós…  XA TEMOS FEITO O SEMENTEIRO PARA A PLANTACION DE PRIMAVERA

Sementando porro e achicoria arredor das espinacas


Algúns dos datos que nos gustaría que soubérades son os seguintes:

-          O sementeiro aliméntase de compost  feito por nós a base de amontonar  herbas, follas, froitas e diferentes restos vexetais. Despóis regamos a pila cunha disolución de microorganismos(vinagre, melaza de azucre, levaduras, bacterias lácticas etc.)

-          Protexemos as plantiñas de caracois, vermes ou cochinillas botando cinza de madeira nos lindes do semilleiro. Este método non é infalible pero axuda.

-          Estes primeiros días estamos regando o sementeiro con auga que contén cáscara de ovo de oca disolta para aportarlle cal de maneira ecoloxica e sostible. Ademáis botamos purin de ortiga como suplemento de nitróxeno e oligoelementos.  


 

Xa sabedes que se queredes comprobar ou aprender algunha destas técnicas, ou simplemente mirala finca, estades todos convidados a visitala cando queirades. Avisádenos primeiro por si non nos atopamos alí.

Aqui tes o cadro do sementeiro:


Non vamos a colleitar ese número de plantas xa que despois escollemos as mellores do semilleiro e as plantamos no seu lugar definitivo. Outras estráganse polo ataque dalgún insecto ou fungo.


     Ademáis plantamos tamén a sembra directa ravitos, tirabeques, chícharos, xudías, remolachas, allos, acelgas, cenorias e diferentes brotes para o mézclum. Nos seguintes días, cando veña un pouco de calor, sementaremos cabaciños, pepinos, cabazas, millo, berenxenas, aromáticas e flores comestibles. Non nos esquecemos dos pementos e tomates dos cales estamos esperando o plantel. Seguiremos facendo sementeira nos meses venideiros.



Esperamos que se vos faga a boca auga cavilando co que vos vades a alimentar nos proximos meses... gardámonos algunha sorpresiña...


Unha aperta
Adiante!!

TIRABEQUE
horta ecolóxica

1 comentario:

  1. Chicos me alegro muchísimo por este nuevo proyecto...vais a tener mucho éxito seguro...yo quiero ir a visitar los huertos....un bikiño para los tres....enhorabuena

    ResponderEliminar